Preguntas Frecuentes
Que documentación teño que entregar para pasar a ITV?
- O Permiso de Circulación do vehículo.
- A Ficha Técnica, é dicir, a tarxeta ITV do coche. Esta só será necesaria se xa pasaches anteriormente unha inspección técnica do vehículo. Este documento inclúe o rexistro de inspeccións periódicas e o certificado de características do vehículo.
- Seguro Obrigatorio do Vehículo. No caso de non levalo, a estación de ITV poderá comprobar na base de datos da DGT que o coche dispón dunha póliza en vigor.
Están incluídas as taxas da ITV no prezo dos plans?
- Si. O prezo dos nosos plans inclúe as taxas da ITV.
Pedides cita previa para a ITV?
- Si. En xacholevo pedimos cita previa por ti en calquera estación ITV de A Coruña. Para iso, só terás que indicarnos a matrícula do teu vehículo cando nos poñamos en contacto contigo.
Que pasa se durante o servizo se produce algún accidente?
- Cando recollamos o teu vehículo realizaremos unha inspección visual e tomaremos imaxes de todo. Ao asinar no noso dispositivo dixital quedará constancia da hora de recollida.
- Desde ese momento, e ata a entrega do mesmo, responsabilizarémonos de todo o que lle suceda ao vehículo. Dispoñemos de seguro de responsabilidade civil para cubrir calquera posible accidente.
Que pasa se o meu vehículo non pasa a ITV?
- Se o vehículo non supera a inspección técnica e precisa algún tipo de reparación, poñerémonos en contacto contigo para realizar as xestións oportunas.
- Se decides levar o coche ao teu propio taller, volveremos levalo no plazo de máximo 30 días á ITV pola cantidade de 25€.
En que zonas tedes cobertura?
- Traballamos principalmente na zona de Bergantiños. Se estás interesado nos nosos servizos, non dubides en poñerte en contacto connosco.
Aviso legal
Nome da empresa
XaChoLevo
Domicilio social
Avda. Revolta, 39 Baixo
Datos de contacto
☎︎ 694 909 879
✉︎ xacholevo@gmail.com
